background blog

Comunicación

Las últimas noticias de nuestros canales
Noticias
01/06/2017

O Grupo Coren pon en marcha a súa nova campaña corporativa “Alimentos de Galicia”

Resaltar o compromiso e a vinculación do Grupo Coren con Galicia, onde leva traballando dende hai 55 anos, é o obxectivo da nova campaña corporativa que ven de por en marcha a cooperativa presidida por Manuel Gómez-Franqueira. A través desta campaña, o Grupo Coren quere resaltar o seu carácter próximo aos consumidores, acercando á sociedade galega os seus valores de tradición, calidade, benestar animal e respecto polo medio ambiente; a súa dimensión como unha das principais cooperativas agroalimentarias do país cunha estrutura de máis de 6.000 familias e 22 industrias repartidas por toda Galicia; e os seus produtos, elaborados sempre coa máxima calidade e de orixe 100% galega. É por iso que o Grupo puxo en marcha esta nova campaña corporativa a través da que transmitir estes valores e que se desenrola nos diversos medios de comunicación no mes de xuño, coa emisión dunha publirreportaxe sobre a súa actividade, spots, insercións en prensa ou unha campaña online, entre outras accións. A campaña terá unha ampla difusión, co obxectivo de achegar Coren a toda a sociedade, para que podan coñecer mellor a actividade e produtos do grupo, así como a súa vinculación con Galicia.

COMPARTIR:
LinkedIn

Entradas relacionadas