Como resultado dunha tradición histórica baseada nun método de crianza que se foi transmitindo de xeración en xeración, enmarcado no entorno privilexiado dos campos de Galicia, obtemos a carne de Ternera Gallega.
Amparada baixo la IXP Ternera Gallega, recoñecida pola Unión Europea, destaca pola súa cor rosada, a súa asombrosa tenrura e polo seu sabor intenso e agradable, recoñecido polos padais máis exquisitos e esixentes.
Toda a carne procede de animais nacidos e criados en Galicia, que ofrece unhas condicións climáticas e os recursos naturais idóneos para o seu desenvolvemento. Ademais, todo o proceso produtivo ten lugar nesta rexión.
Trátase dunha carne emblemática a nivel nacional, cuxa fama traspasa fronteiras, sendo recoñecida tanto en España coma internacionalmente como unha das mellores carnes de vaca nova do mundo.
Froito dun método perfeccionado por xeracións de gandeiros durante séculos, o entorno privilexiado dos campos galegos e unha seleccionada alimentación, obtemos a carne da IXP Ternera Gallega. Máxima calidade, tenrura e sabor extraordinario que Coren selecciona e pon na túa mesa para que goces dun produto de fama internacional.
A tenreira é un alimento ideal para unha alimentación sa e equilibrada, apta para toda a familia.
É unha carne moi nutritiva cun elevado contido de proteína de alto valor biolóxico, que conta con todos os principais aminoácidos esenciais para o organismo. Ademais aporta minerais coma fósforo, magnesio e ferro. Tamén é moi rica en vitaminas do grupo B, sendo moi destacable a súa achega en vitamina B12.
Unha inxestión axeitada en combinación con outros grupos de alimentos supón un beneficio fisiolóxico para o ser humano e permítelle obter importantes micronutrientes.
Mini hamburguesas sen glute e sen lactosa elaboradas con carne certificada pola I.X.P. Ternera Gallega nun formato fácil de preparar e cociñar. Unha receita selecta e unha carne de orixe que é apreciada por todo tipo de público grazas ao seu sabor insuperable e á súa consistente textura cárnica. É un formato perfecto para preparar un aperitivo ou para combinar varios sabores sen ter que elixir só un.
O sabor de Galicia que gusta a todos!
O entrecosto é unha parte do lombo alto ou lombo baixo e é unha das carnes máis nobres e de categoría extra. Este entrecosto ten o selo de Ternera Gallega suprema, que certifica a calidade da carne e a súa orixe e procedencia (Galicia): animais criados en liberdade e alimentados de xeito natural.
Descobre os nosos produtos