background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Zancos de polo de Curral con viño e champiñóns

O polo de curral é o ingrediente protagonista desta saborosa receita de elaboración sinxela e sabor intenso.

Preparación

    • Nunha cazola, a poder ser de barro, poremos o touciño cortado en dados. Sobre el, colocaremos os zancos e enriba os champiñóns.
    • Engadiremos as patacas peladas enteiras e cubrirémolas con tiras de pemento vermello e verde previamente cortado. Botaremos tamén sal e tomiño.
    • Agregaremos a botella de viño e poremos o forno a 180º graos durante 10 minutos.
    • Acto seguido introduciremos a cazola no forno ata que empece a ferver e estea ben asado.

Presentación

Colocar a cazola de barro sobre unha fonte de madeira.