background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Zanco de polo de Curral asado con gornición

Hoxe, enseñámosvos como cociñar muslo de polo de Curral asado acompañado dunha deliciosa guarnición de verduras

Preparación

    • O primeiro será preparar a base para o polo na bandexa do forno. Comezarase cortando a cebola en xuliana e pondo enriba as patacas. Pódese cortalas en tiras ou estilo panadeira. Como van ao forno, recoméndase que sexan panadeiras para que asen mellor.
    • Botarase o vasiño de auga enriba da mestura para que non se pegue a gornición no forno.
    • Cortarase o pemento vermello en tiras para poñelo por enriba, os tomates cherry á metade e, por último, os allos (pódense botar os dentes enteiros ou partidos á metade).
    • Pór o forno a prequecer a uns 220º.
    • Botaráselle sal e pementa a todo ben ao gusto (aceite de oliva, sal, pementa negra). Se che gusta, pódeslle pór un toque de ourego, aínda que tamén se poden usar outras herbas como o romeiro, o tomiño, etc.
    • Por último, colocaranse os zancos sobre a gornición (e botando de novo sal e pementa ao gusto).
    • Colocarase a bandexa no forno e deixarase aproximadamente unha hora a 180º.
    • Cando queden 10 minutos, e se che gusta o sabor do viño branco, pódese botar un chorriño na bandexa. Daralle un toque diferente.

Presentación

Pódese servir en cada prato unha base de gornición e pór enriba o zanco de polo.