background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Zancos de polo ao curry con polo de Curral

Receita sinxela e deliciosa cun toque especial da mano de Carmen Albo

Preparación

      • Con estes zancos de polo de Curral de Coren, ningunha receita pode saír mal… Ou case.
      • Os zancos do polo ao curry están feitos coa parte máis zumarenta do polo de curral, así que moito se hai que aplicar para que non che saia algo ben rico.
      • Desta volta guisándoos ao curry, co leite de coco e cunha gornición de porros e champiñóns, o éxito está asegurado…

      Prcoeder aproximado:

      • Para facermos os zancos de polo ao curry comezamos botándolles sal e pementa e selando os zancos nun pouquiño de aceite de oliva no que, para o aromatizar, tamén poremos 2 dentes de allo.
      • É importante conservar a pel do polo durante o proceso de cociñado. De o facermos, quedaranos unha peza aínda máis zumarenta. Comela ou deixala no prato é xa unha escolla persoal pero, por favor, cociñade este saboroso polo coa pel.
      • Unha vez selado o polo, retirámolo da tarteira e reservámolo.
      • No mesmo aceite sobrante, salteamos os porros e salgamos lixeiramente. Cando empecen a se abrandar, engadimos a lata de leite de coco e volvemos introducir os dous zancos de polo de curral.
      • Tapamos e deixamos que se cociñen uns 30 minutos a lume medio: De se consumir moito o líquido, podemos engadir unha pouca auga e xa pouco quedaría para rematarmos os nosos zancos de polo de curral ao curry.
      • Pasados 30 minutos, lavamos, cortamos en 4 os champiñóns e engadímolos á tarteira. Rectificamos de sal e pementa e deixamos facer 10 minutos máis.
      • Mentres se guisan os zancos de polo de curral, imos facendo o arroz.
      • Non cómpre máis ca lavar e enxaugar o arroz basmati ou xasmín 2 veces para que perda parte do amidón.
      • Nunha cazoliña pequena, salteamos as pasas e os piñóns nun pouco aceite. Coidado, as pasas logo se queiman!
      • Engadimos o arroz e a auga. Tennos que quedar 1 cm e ½ de auga sobre o arroz. Botámoslle sal e pementa, tapámolo e cocémolo a lume medio ata que se consuma a auga, o que ocorrerá nuns 16 minutos.
      • Deixamos repousar o arroz 3 minutos e estará listo para acompañar os nosos deliciosos zancos de polo de curral.
      • También podedes preparalos ao viño con champiñones e de moitas formas máis seguiendo as nosas receitas.

Presentación

Colocamos o zanco nun plato acompañado de champiñóns por un lado e arroz polo outro.