Preparación Porase o forno a quecer a 180º mentres se sazonan os xamonciños de pavo. Pódense sazonar con allo e pirixel, esmagándoos previamente nun morteiro. Unha vez que estean listos, botaranse un par de culleradas na bandexa do forno e colocaranse os zancos para asar durante 45 minutos aproximadamente, baixando o lume a 150-160º. Se che gusta, podes facer unha cama de cebola antes de pór os xamonciños. Daralle un toque saboroso e substancioso. Nunha pota, porase auga a ferver e picaranse as verduras como máis guste, neste caso, en taquiños. Deixarase ferver o tempo necesario e mentres, pasaranse pola tixola os espárragos trigueiros, cortados tamén previamente. Presentación Presentarase o xamonciño cun pouco da gornición de verduras nunha beira.