background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Tosta de pan de centeo, ovos de Curral, aguacate e piñóns

Coñeces os nosos ovos de Curral? Ovos frescos, de cor intensa, saborosos e, sobre todo, naturais. Traémosche un aperitivo sinxelo e delicioso.

Preparación

    • Podemos empezar fervendo os ovos nunha cazola. Como non queremos que estean cocidos de todo, deixarémolos arredor de 7 minutos para que poidan desprender un pouco de xema.
    • Mentres ferven os ovos, prepararemos o aguacate. Podemos ter o aguacate cortado ou en lascas. Tamén se pode triturar e poñer nunha cunca, tipo guacamole. Nós optamos por facelo en lascas.
    • Torraremos o pan de centeo para lle dar un toque crocante e montaremos a tosta.

Presentación

Sobre o pan torrado colocaremos o aguacate e enriba os ovos en lascas e un pouco de sal en escamas. Se lle queres dar un toque diferente, engade uns piñóns salteados.