Preparación Comezaremos picando finiños a cebola e o tomate. Pódese optar por lle sacar a pel ao tomate ou non, segundo o gusto Acto seguido picaremos tamén as follas de coriandro. Recomendámosche que as piques só un pouco xa que teñen un sabor moi característico e pronunciado e o que queremos é unicamente darlle un toque de sabor ao noso guacamole Agora é o momento de pelar o aguacate. Porémolo nunha cunca e machucarémolo ata ter unha mestura homoxénea, engadíndolle o zume de limón ou lima e a cebola e tomate que picamos previamente, ademais dunha chisca de sal e xa teremos listo o noso guacamole Ao tempo que pomos a tixola no lume para facer o ovo fritido, torraremos o pan integral para lle dar un toque crocante Presentación Coloque as tostas na base dun prato grande. Engade o guacamole e o ovo frito encima deles.Este prato pode acompañarse dunha ensalada de froitas e leituga, por exemplo.Delicioso!