Preparación primeiro que faremos será pelar e cortar as patacas en forma de dados. Recomendámosche que non sexan perfectos. Os grandes expertos din que a uniformidade no corte da pataca é bo para facer unha boa tortilla. Acto seguido picaremos a cebola en dados moi pequenos. Para iso, pelaremos a cebola á metade, faremos cortes paralelos de cada unha das dúas metades e despois pasaremos a facer os cortes perpendiculares. Poremos a tixola no lume con abundante aceite e acto seguido, cando estea quente, botaremos as patacas. Canto tempo deben deixarse as patacas no lume? Nós recomendamos sacalas cando estean case fritidas de todo, pero non crocantes. Mentres se friten as patacas, podemos ir batendo os ovos e engadirlles unha chisca de sal. Cando lles falte pouco tempo ás patacas, botaremos a cebola na tixola e deixarémola uns 3 minutos aproximadamente. Retiraremos as patacas e a cebola da tixola cunha espumadeira e apartarémolas para un prato, botando sal ao gusto. Mentres quece a tixola, cun chorro de aceite, mesturaremos a pataca e a cebola cos ovos que batemos previamente. Se queremos que a tortilla quede pouco feita, chega con case non mesturar os ovos coa pataca e a cebola. Se, pola contra, queremos que quede unha tortilla ben pasada, mesturaremos todo durante 15/20 segundos. Cando o aceite estea moi quente, verteremos a mestura e deixaremos que se faga uns 2/3 minutos por cada lado. Presentación O resultado, exquisito!