Preparación O primeiro será cortar as peitugas de polo en tiras, poñelas nunha cunca e engadirlles sal ao gusto. Utilizaranse 4 pratos fondos: un para bater os ovos, dous para a fariña (mesturando as especias) e o último para o panko. Engadirase nunha das cuncas de fariña un pouco de auga e leite ata obter unha pasta na que deixar introducidas as tiras de polo arredor de 30 minutos. Pasado este tempo, sacarase o polo, rebozarase no outro prato de fariña e finalmente no panko. Nunha tixola con aceite quente, introduciranse as tiras de polo rebozadas ata que estean douradas e retiraranse colocándoas nun prato cun pouco papel para escorrer ben todo o aceite. Presentación Se tes un prato de lousa, podes colocar as tiras de polo sobre unha cama de leituga e a salsa teriyaki nunha beira como acompañamento.