background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Tacos de pavo con salsa picante

A carne de pavo é moi tenra e ideal para combinar con salsas, sobre todo se son caseiras.

Preparación

    • Comezarase por preparar a salsa picante picando o dente de allo e a cebola.
    • Mesturarase o allo, a cebola e os xalapeños xunto coa salsa de tomate e triturarase todo ben ata que quede unha mestura homoxénea.
    • Botarase a mestura na tixola e cociñarase a lume baixo durante 10 minutos engadindo o vinagre e o sal.
    • Unha vez que a salsa estea feita, apagarase o lume e reservarase a salsa.
    • Porase a auga a ferver nunha pota para cociñar o arroz. Entrementres, cortarase o pavo en tacos, aliñarase con sal e pirixel e comezarase a saltealo nunha tixola á par que se engade o arroz e se deixa que ferva durante 12 minutos aproximadamente.
    • Cando os tacos de pavo estean case listos, baixarase o lume e engadirase a salsa picante. Pódese engadir por riba ou poñela á parte por se a alguén non lle gusta o picante.
    • Cando o arroz estea cocido, retirarase a pota do lume para o colocar en tres moldes e acompañar o prato dun xeito orixinal.

Presentación

Nunha bandexa alongada, colocaranse os tacos de pavo aliñados coa salsa picante e o arroz coa forma do molde.Pódese engadir algunha herba aromática para decorar.