background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Solombo de Ternera Gallega á pedra

Ensinámosche como preparar un delicioso solombo de Ternera Gallega á pedra.

Preparación

    • O primeiro que che recomendamos é sacar a carne da neveira dúas horas antes de a cociñar para que estea tépeda.
    • Unha vez que estea a temperatura ambiente, hai dúas opcións: cociñar a peza enteira ou en filetes. Neste caso nós ímola filetear para que cada comensal poida coller a súa ración e cociñala na pedra ao gusto.
    • Para quentar a pedra no forno, o mellor é introducira cando o forno empece a coller temperatura e deixala arredor de 50 minutos. Débese pór o forno á máxima temperatura. Recoméndase optar por unha pedra que teña asas para que sexa máis cómodo sacala do forno.
    • Cando a pedra chegue á súa temperatura ideal (250ª aproximadamente), pódese untar a pedra por riba cun anaco de graxa. Normalmente o solombo non contén moita graxa, polo que se lle pode pedir ao carniceiro que aparte un anaco de graxa doutra peza, do costeletón por exemplo.
    • O tempo de cociñado na pedra dependerá do gusto de cada un, aínda que se aconsella que non estea moi pasada para que non perda o sabor.
    • Unha vez que se saque a carne da pedra, pódeselle botar un chisco de sal en escamas para lle dar un toque delicioso.

Presentación

Pódese acompañar a carne dunha morea de prebes (cabrales, roquefort, pementa verde...). Porén, para que teña todo o seu sabor, é recomendable tomala ao natural, acompañada dunha ensalada de tomate ou unhas chips.