Preparación O primeiro que faremos será cortar a carne Selecta en filetes finos Acto seguido sazonarémolos e reservarémolos Nunha tixola, poremos aceite e cando estea quente sofritiremos a cebola e o allo previamente picados Cando a cebola estea ben pasada, engadiremos o vermú e o vaso de caldo e deixaremos que reduza para espesar todo coa fariña diluída nun pouco de caldo Nunha prancha ou tixola ben quente e untada con aceite, pasaremos os filetes arredor dun minuto e medio por cada lado Presentación Podemos colocar a nosa receita nunha fonte alongada servindo a salsa primeiro e centrando o segredo cunha folla de romeu para lle dar o toque final.Podemos acompañar o noso segredo cun puré de pataca ou mazá.Obteremos unha receita deliciosa, sinxela e rápida de preparar.