background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Rosbif de Ternera Gallega

Traémosche unha tenra e saborosa receita baseada nun dos nosos produtos estrela: a Tenreira Galega. Bota un ollo ao paso a paso.

Preparación

    • Nunha bandexa de forno, poremos o anaco de Ternera Gallega atado cun cordel de cociña en redondo para que teña unha mellor presentación.
    • Adobarémolo con allo, pirixel e sal machucado xunto á pementa acabada de moer.
    • Acto seguido, regarémolo con aceite, vinagre e viño branco.
    • Poremos o forno a quecer a uns 200º e introduciremos o rosbif; deixaremos que se faga durante 50 minutos aproximadamente procurando que estea torrado por fóra e rosado por dentro.
    • Cando o saquemos do forno, colocarémolo nunha táboa e cortarémolo en filetes finos.

Presentación

Podemos acompañar o rosbif de tenreira cun puré de castañas, por exemplo, ou con algúns vexetais. Tamén podemos aproveitar o zume do asado para acompañar a carne. Daralle un toque saboroso e substancioso.