Preparación Prepararase primeiro a salsa rosa. Para tal fin, engadiranse nunha cunca ou nun vaso de batedor os ingredientes citados anteriormente e triturarase todo ata que quede unha mestura homoxénea. Unha vez que a salsa estea lista, reservarase e continuarase coa preparación da receita. Cortarase o solombo en tiras delgadas, arredor de 8/9 cm e faranse rolos pequenos ata onde dea o corte do solombo. Unha vez cortados, sazonaranse e envolveranse cunha tira de cabaciña (previamente cortada) e fritiranse nunha tixola cun pouco de aceite de oliva. Presentación Pódese presentar o prato cos rolos no centro, unha tira fina de salsa rosa derredor e unha ensalada de agróns acompañando como gornición.