Preparación Comezaremos picando as verduras en cadradiños pequenos. Nunha pota con aceite quente, refogaremos as verduras comezando pola cebola e acto seguido o pemento vermello e verde. A continuación engadiremos o tomate. Temos a opción de que sexa fresco (cortado igual có resto de verduras) ou frito (engadiremos 2 ou 3 culleradas). Remexeremos ben para sacar os xugos do fondo da pota. Cando as verduras comecen a estar douradas, engadiremos os tacos de pavo, as cenorias limpas e en anacos, os chícharos e as patacas cortadas. Botarémoslle sal a todo (podes engadirlle pementa ao gusto) e regaremos co vaso de viño. Cando se evapore o alcol, deixaremos todo 3 ou 4 minutos máis para ter a carne no seu punto. Presentación No centro do prato colocaremos o ragú facendo unha torre mesturándoo coas patacas e verduras. Como toque final, podes engadir un pouco de romeiro ou algunha planta aromática que che guste. Delicioso!