background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Quiche de verduras con ovos de Curral

A quiche é un prato típico francés que ten como ingredientes principais os ovos, o leite e a masa brisa e vai todo cociñado ao forno. Podes enchelo con infinidade de ingredientes. Nós propoñémosche un recheo a base de verduras.

Preparación

    • O primeiro será cortar o xamón en dados pequenos e saltealo nunha tixola xunto co porro e os cogomelos. Botaremos sal e pementa ao gusto.
    • Unha vez que estean refogadas as verduras, botarémoslle o pirixel picado por riba e pasarémolas a unha cunca.
    • Na mesma tixola, engadiremos o leite evaporado, os ovos cascados e botaremos sal e pementa. Por último, xuntaremos a noz moscada e o queixo raiado e bateremos toda a mestura un par de minutos. Cando estea ben batido, engadiremos as verduras e remexeremos todo.
    • Cubriremos un molde de torta coa masa brisa, pinchando a base varias veces cun garfo e apertando ben as beiras e verteremos a mestura.
    • 30 minutos a 200-220º será suficiente para cociñar a quiche.
    • Podes reservar un pouco de queixo raiado para botarlle por riba 5 minutos antes de sacala do forno.
    • O tempo de forno pode oscilar entre 20 e 30 minutos, dependendo da potencia. É importante pór a quecer o forno 10 minutos antes de cociñar a quiche.

Presentación

Podes servila no molde ou, unha vez que arrefríe un chisco, desmoldala e cortala en porcións.