background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Pularda do convento asada con patacas baby e uvas

Disfruta de este plato estrella para o teu Nadal

Preparación

    • Comezarase limpando a pularda de posibles restos de plumas, se é que queda algunha. Normalmente veñen perfectamente limpas pero non está de máis comprobar se queda algunha pluma. Se for así, pódese eliminar cun soprete.
    • Porase a pularda nunha bandexa e botaráselle sal e pementa por dentro e por fóra. Partirase o limón en 3 anacos e introducirase na pularda cos allos e o tomiño e regarase o interior cun chorriño de aceite de oliva virxe extra.
    • Pelaranse as patacas baby e colocaranse nas beiras da bandexa engadindo un chorriño de aceite e un chisco de sal.
    • Introducirase a pularda no forno posto a prequecer previamente a 180º C. Terá que se asar durante 130 minutos aproximadamente, vixiando durante a cocción e regándoa cada 20 minutos cun chorro de viño branco.
    • Cando queden 3-4 minutos de cocción, sacarase do forno e engadiranse as uvas limpas. Non cómpre máis tempo, xa que os graos de uva poden estoupar.
    • Pódese aproveitar o zume do viño e da propia pularda para o empregar como caldo nunha salseira.

Presentación