Preparación O primeiro que faremos será prequentar o forno a 180º por uns minutos. Unha vez que o forno acade a temperatura axeitada, sazonaremos a pularda ao gusto e colocarémola nunha bandexa deixando que se ase durante unha hora aproximadamente. Podemos baixar a temperatura a 150º para que quede o zume por dentro. Mentres temos a pularda no forno, prepararemos o noso salteado de boletus e níscaros nunha tixola cun bo chorro de aceite de oliva. Cando teñamos os cogomelos a medio facer, engadiremos os lagostinos pelados, a nata e o sal ao gusto e flambearemos todo o salteado cun bo chorro de coñac. Unha vez consumido o alcol do coñac, xa teremos a gornición lista para degustar coa pularda. Presentación Podemos colocar a nosa pularda nunha bandexa alongada cunhas follas de loureiro e a gornición nunha cunca separada para que cada un se sirva ao gusto. Como toque informal, propómosche que acompañes o teu prato cunhas patacas chips.