Preparación Comezarase por pelar as cebolas e as mazás. As cebolas picaranse en xuliana e as mazás en anacos. En canto, pódese prender o forno para que vaia quecendo uns 10 minutos. Picarase o polo ao gusto e botaráselle sal e pementa antes de o pór nunha bandexa de forno e de lle botar por riba un chorro de aceite, o zume de laranxa, a cebola e os anacos de mazá. Deixarase no forno a 200º arredor de 40 minutos, vixiando de cando en vez para que non se torre de máis. Cando pasen 20 minutos, engadirase o viño branco e deixarase cociñar o tempo restante. Presentación Nun prato chan, porase un anaco ou dous de polo xunto coa salsa, a cebola e un par de anacos de mazá. Pódese acompañar este prato dunha ensalada, verduras ou arroz salvaxe.