Preparación Pomos na base dunha fonte para o forno as patacas cortadas en láminas de 1cm de grosor canda a cenoria en anacos, a cebola en tiras, os dentes de allo picados, o pemento verde e o vermello cortados tamén en tiras e sazonamos todo. Colocamos enriba os zancos de polo, engadímoslle un chorro de aceite a cada un e sazonamos con tomiño seco. Deixamos que se cociñe todo a uns 180º durante media hora, activando a función de calor no forno arriba e abaixo. Pasado este tempo retiraremos o polo do forno e dámoslle a volta. Sazonamos de novo cun chisco máis de tomiño e volvémolo meter outros 25 minutos ata que vexamos que o polo está dourado. Tendo a verdura como base e o polo enriba, conseguiremos que solte o zume e que se mesture coa verdura. Así teremos unha receita espectacular! Presentación Podemos engadirlle á fonte unha presada de tomiño por riba. Daralle un toque de cor á nosa receita.