background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Polo de curral en pepitoria con améndoas e piñóns

Un prato recorrente, sinxelo e cun sabor intenso.

Preparación

    • O primeiro paso será cortar o polo en anacos en porcións do tamaño dun puño e adobalos con allo, pirixel e sal machucados previamente nun morteiro.
    • Pasaremos o polo por fariña e dourarémolo na tixola cun chorro abundante de aceite. Unha vez dourado, retirarémolo e reservarémolo nun prato.
    • Nese mesmo aceite poremos a cebola e o porro picados e o tomate.
    • Cando a cebola estea transparente, engadiremos de novo o polo, a améndoa triturada e o piñón machucado.
    • Incluiremos o caldo e o vaso de viño branco e deixaremos cocer todo a lume lento co ovo cocido picado.

Presentación

Podemos servir o polo na mesma pota acompañado dunha cunca de arroz.