Preparación O primeiro será botarlle sal e pementa ao polo de curral en anacos. Podes pedirlle ao carniceiro que o corte se che resulta dificultoso. Na cazola que se vaia empregar, farase unha cama de cebola cortada en xuliana e prenderase o forno a uns 180º. Pasados 10 minutos, introducirase o polo xa aderezado enriba da cama de cebola e bañarase cun chorro de aceite de oliva e coa metade do vaso de viño. Cando transcorran 15 minutos, incorporaranse á bandexa as mazás Golden cortadas en cuartos e sen o corazón xunto co resto do vaso de viño e deixarase asar todo arredor de 35 minutos. Cando o polo estea asado, é dicir, cando se pinche e saia un zume rosado, case transparente, estará a cazola lista. Presentación Nun prato, colocaranse no centro un par de anacos de polo coas mazás a un lado e as patacas ao outro.