Preparación Comezarase por pór a prequecer o forno a 170-180º e asegurándose de que o polo estea limpo. O seguinte será botarlle sal, pementa e romeiro ao polo. Pódese levantar un pouco a pel do polo para que as ramas de romeiro queden fixas e o aroma sexa maior. Nunha bandexa refractaria, engadirase o aceite, as cabezas de allo partidas á metade, os tomates cherry e o polo co sal e a pementa. Se se lle quere dar un toque diferente, pódese engadir un pouco de zume de limón. Aconséllase trinchar o polo para conseguir que quede perfectamente cociñado. Deixarase o polo no forno uns 45 minutos ata que se vexa que a carne está dourada, para o que se aconsella que os últimos 5 minutos se suba a temperatura para lle dar un golpe de calor e conseguir que quede crocante. Presentación Pódense servir dous anacos de polo diferentes (zanco e peituga) acompañados da gornición cunha folla de romeiro por riba.