background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Polo de curral confeitado con ameixas e piñóns

Deliciosa receita de polo confeitado cun lixeiro toque doce no padal.

Preparación

    • Comezarase por cortar o polo en anacos e botarlle sal e pementa ao gusto e porase a cociñar nunha pota cun chorro de aceite durante media hora aproximadamente.
    • Paralelamente, picarase a cebola e o allo e poranse a dourar noutra pota ata que collan cor. Cando estea listo, engadirase o tomate picado e incorporaranse os anacos de polo xunto co brandy e o viño doce e deixarase ata que a mestura reduza.
    • Cando o viño estea reducido, engadirase medio vaso de auga morna e taparase a pota deixando que coza todo a lume baixo durante 25 minutos.
    • Cando falten 10 minutos, engadirase a canela en rama, as ameixas e os piñóns e deixarase rematar o tempo de cocción.

Presentación

Pódese presentar o polo cun milfollas de pataca ou cuns pementos confeitados á beira do polo xunto cos piñóns e as ameixas.