Preparación Botamos sal e pementa e enfariñamos lixeiramente os anacos de polo de Curral. Nunha tixola con moi pouco aceite, dourámolo e selámolo por ambas as dúas beiras. Reservamos. Na mesma tixola onde douramos o polo campeiro, vertemos o vermú, o moscatel, a auga e a sopa de cebola. Deixamos que espese a sopa uns 5 minutos a lume baixo e tapámola. Se quedase moi espesa, engadiremos unha pouca máis de auga Colocamos o polo de Curral en anacos nunha bandexa de forno, cubrimos co prebe (que nos ten que quedar densiño) e botarémoslle por riba queixo parmesano relado o Pomos a quecer o forno a 200º durante uns minutos e enfornamos o polo de Curral no forno xa quente a 180º durante 15-18 minutos. E velaquí o noso polo asado. Presentación Pódese deixar o polo asado na propia cazola do cociñado para o servir e acompañalo con arroz basmati.