background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Peituga de polo de Curral con recheo a italiana

Deliciosa receita de peituga de polo con recheo na que a carne che resultará zumarenta e tenra

Preparación

    • Cociña peituga de polo con recheo de xeito rápido e delicioso. Perfecta para te lucires cun bo prato.
    • Facemos uns cortes lonxitudinais nas peitugas de polo de Curral sen chegar ao fondo e sazonámolas con sal.
    • Enchemos os cortes con papel de aluminio para que non se pechen ao selalas na tixola
    • o Pomos un chisquiño de aceite na tixola e selamos as peitugas de polo campeiropolas dúas caras.
    • Entrementres, preparamos o recheo: a mestura dun ovo batido co queixo mozzarella relado e a albaca picada.
    • Unha vez seladas as peitugas por ambos os dous lados, retiramos o papel de aluminio e enchemos o espazo resultante coa mestura anterior.
    • Engadimos o brandy, tapamos e deixamos facer durante 8 minutos.
    • Pasado este tempo, engadimos os tomates cherry cortados á metade na tixola e deixamos facer outros 7 minutos máis. E listas as nosas peitugas de polo con recheo
    • Un xeito diferente de comer peituga de polo de Curral que conquistará os cativos e os maiores.
Receta de pechulla de pollo rellena a la italiana con pollo de corral

Presentación

Podemos colocar as peitugas nun prato ou nunha fonte branca cos tomates cherry ao redor.