background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Peituga de polo asada na tixola con polo de Curral

Deliciosa receita de peituga de polo de Curral con pel elaborada con Carmen Albo

Preparación

      • Esta peituga de polo de curral asada na tixola ten como peculiaridade que parece, e sabe, como unha rica peituga asada no forno mais, como o seu propio nome indica, está cociñada nunha tarteira.
      • Ao se cociñar coa pel, cómase ou non, obterase un extra de lentura e tenrura incribles. Proba para notar a diferenza e despois cóntasme se es das persoas ás que se lles resisten os asados no forno ou se es das persoas que se resisten o máximo posible a aumentar a salvaxe factura da luz. Sexa como for, esta será a túa receita de peituga de polo asada favorita.
      • Imos logo con estas peitugas asadas na tixola que che van encantar. E máis doadas de preparar imposible!

    Proceder aproximado:

    • Pon a quecer un chisco de aceite nunha tixola, ou tarteira, con tapa. Cando estea moi quente, sela ben as peitugas por todos os lados posibles. Teñen que quedar mesmo algo tostadiñas.
    • Engade o zume dun limón, o sal, as pementas moídas e un vasiño tamaño viño de brandy. Engade tamén a manteiga.
    • Importante: tapa as peitugas e sigue cociñando a lume forte durante 10 minutos.
    • Cando vexas que se consome a salsa, engade un chisquiño de auga e volve cociñar ben tapada. Tes que conseguir a cantidade de salsa xusta e concentrada para as peitugas que vaias cociñar.

     

    Acompañamento: lombarda previamente cocida.

    • Pon a lombarda ben decorrida nunha tixola sen nada de aceite e, xa en quente, engade 1 ou 2 culleradas de vinagre de mazá e mestura ben coa lombarda
    • Unha vez evaporado o vinagre engade un bo chorro de aceite de oliva virxe e unhas uvas pasas. Sazona con cebola en po, mestura ben e terás un acompañamento tan delicioso como nutritivo para as peitugas de polo de curral asadas na tixola.

     

Receta de pechuga de pollo asada en sartén de Carmen Albo

Presentación

Coloca as peitugas nun prato coa lombarda arredor.