background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Peituga de polo estilo oriental con polo de Curral

Carmen Albo cóntanos os trucos da receita de peituga de polo feita en airfryer

Preparación

      • Esta receita de peituga de polo estilo oriental con polo de Curral con pel é a cousa máis doada e lucida que se poida un imaxinar e como se acompaña duns noodles de arroz que tamén se fan sós, ou case, o nivel de cociña necesario para executar esta receita é practicamente nulo.
      •  Neste caso imos cociñar a peituga de polo con pel en airfryer, pero pódese facer perfectamente no forno convencional. Así que podes optar pola fórmula que mellor che pareza. Que a peituga teña pel, independentemente de que se coma ou non, fará que a peza quede moito máis zumarenta e tenra. Proba a cociñar con pel e xa verás a diferenza.

    Pasos para preparar a peituga de polo ao estilo oriental:

    • Comeza macerando a peituga de polo nunha mestura de: zume de 1 laranxa, 2 culleradas de salsa de soia, 1 cullerada de aceite de sésamo, 1 cullerada de sementes de sésamo e unha cullerada de curry en po. Deixa macerar polo menos unha hora.
    • Pon a quecer a airfryer a 195º, introduce as peitugas coa pel cara arriba, verte tamén o prebe do macerado e decora con máis sementes de sésamo.
    • Cociña 15 minutos dándolle a volta á metade do tempo.
    • Finaliza no forno 3 minutos máis coa pel cara arriba a 205º.
    • o No caso de que queiras empregar o forno ou non teñas airfryer: 5 minutos a 250º e 13 minutos máis a 180º.
    • Mentres asan as peitugas, corta fino o talo dun ceboliño e ferve auga nun cazo.
    • noodles de arroz xunto co talo de ceboliño cortado que tiñas reservado.
    • Pasados 3 minutos, decorre a auga, mantén a pasta no cazo e engade o prebe sobrante do cociñado do polo. Mestura ben cos noodles e o acompañamento estará listo para esta deliciosa peituga de polo ao estilo oriental.

     

Receta de pechuga de pollo estilo oriental de Carmen Albo con pollo de corral

Presentación

Coloca no prato unha cama dos noodles salteados co prebe e o ceboliño e pon sobre eles unha peituga de polo de Curral con pel de Coren.