Preparación Comezarase por cortar as verduras para pólas inmediatamente a ferver nunha ola a presión durante 10 minutos. Entrementres, separaranse as peitugas de pavo, botaráselles sal e pementa negra e douraranse nunha pota con 3 culleradas de aceite. Paralelamente, nunha tixola pequena, farase un sofrito coa cebola e uns taquiños de pemento vermello e engadirase na pota na que están as peitugas con medio vasiño de auga. Deixarase cocer todo arredor de 5 minutos e para rematar, engadirase a minestra de verduras e daráselle unha última fervura de 2 minutos aproximadamente. Presentación Nun prato chan, porase unha das peitugas en anacos co sofrito enriba e a minestra nunha beira. Pódese engadir algunha herba aromática para decorar o prato.