Preparación Pomos nunha cazola a cebola, os allos, o loureiro e a pementa previamente cortados e engadimos as peitugas de polo de curral. Cubrimos todo con aceite de oliva e cocemos a lume moi lento durante 1 hora aproximadamente. Durante o tempo que está cocendo, aproveitamos para facer a crema co Mencía. Para preparala será tan sinxelo como reducir a nata co viño nunha tixola e conservala. Unha vez que as peitugas confeitadas estean listas, cortámolas en medallóns e introducímolas na crema. Fervemos todo durante 2 minutos e estará listo para empratar. Presentación Para lle dar un toque informal, podemos acompañar as peitugas cunhas patacas chips.