background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Peituga de pavo con recheo de foie e espinacas

Avanzamos no noso receitario de Nadal. Presentámosche unha deliciosa receita de pavo cun recheo que non deixará ninguén indiferente.

Preparación

    • Inxectaranse as peitugas co licor ou o brandy a noite anterior para deixar que colla ben todo o líquido.
    • Antes de comezar a lle botar sal e pementa ao pavo, deixarase fóra da neveira para que repouse entre 15-30 minutos mentres se prepara o recheo.
    • Pelarase e picarase a cebola nunha tixola con dúas culleradas de aceite e deixarase sofritir. Cando estea dourada, engadirase o allo e as espinacas e botaráselle sal e pementa ao gusto cociñando todo uns 4-5 minutos.
    • Retirarase do lume e mesturarase o foie para que todo se homoxeneice correctamente, gardando todo nunha cunca e engadindo un pouco de ourego.
    • Porase a prequecer o forno a 180º. Entrementres, estenderase o pavo inseríndolle no centro a mestura de espinacas e foie.
    • Unha vez que a mestura estea estendida, envolverase cun fío de cociña, comezando por un dos extremos en diagonal ata chegar á fin.
    • Colocarase o pavo na bandexa do forno e botarase un chorro de aceite de oliva, sal ao gusto, pementa e a metade do viño branco.
    • Deixarase arredor de 35-40 minutos e incorporarase o que queda do viño branco e do caldo de polo na metade da cocción.
    • Unha vez listo, deixarase repousar 10-15 minutos e retiraráselle o fío antes de o servir na mesa.

Presentación

Pódese presentar a peza enteira ou xa cortada coa salsa nunha salseira á parte. Coloca unhas grosellas na superficie do pavo e acompaña a receita cunhas patacas asadas.