background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Peituga de pavo á grella con pasta fresca salteada con albaca

Unha receita sinxela e sa. Explicamos como preparala nuns minutos.

Preparación

    • Sazonaremos a peituga ao gusto e nunha tixola cun chorriño de aceite para que non se pegue, farémola á grella.
    • Paralelamente, mentres se fai a peituga, ferveremos a pasta nunha pota cun chorriño de aceite e sal. Ao ser pasta fresca, abondará con 4 ou 5 minutos.
    • Cando a pasta estea fervida, retirarémola, e na mesma tixola na que fixemos o pavo previamente, picaremos as follas de albaca, remexerémolas cun pouco de aceite e verteremos a pasta a lume lento para que colla o sabor da albaca.

Presentación

Colocaremos no prato a pasta salteada e os medallóns de peituga fileteada por riba.