Preparación O primeiro paso para comezar esta rica receita será preparar a manteiga de laranxa. Aconsellamos preparala 1 ou 2 días antes para que repouse e teña moito mellor sabor. Facela é moi simple. Débense xuntar todos os ingredientes (vaso de zume, reladura de laranxa, manteiga e romeiro) e despois bater ou triturar. Se a manteiga está moi dura, pódeselle dar un toque no microondas para que se desfaga e sexa máis doada de triturar. Unha vez que se teña a mestura feita, pódese reservala na neveira un ou dous días. Pór a prequecer o forno a 180º e unha vez que o pavo estea limpo, sazonar o interior con sal, pementa e as follas de romeiro engadindo un chorriño de aceite de oliva. Coa salsa que se preparou con anterioridade, utilizar media cunca para aliñar o pavo. Na bandexa do forno cortar a cebola fina, os allos, o loureiro e os toros de laranxa e pór por enriba o pavo. Deixar que se faga todo entre 1h15 e 1h30 a uns 150º. Cando leve a metade do tempo, engadir o resto da salsa sobre a pel do pavo. Unha vez que estea listo, retirar as cebolas, os allos e os toros de laranxa da bandexa e mesturar todo co pavo para conseguir unha salsa fina. Presentación Pódese colocar o pavo nunha fonte, rodeándoo de laranxas frescas cortadas e cunhas ramiñas de romeiro por enriba, ademais dalgunha outra froita como uvas vermellas e brancas.