background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Pasta carbonara con ovos de Curral

A auténtica receita de pasta carbonara feita cos nosos ovos de Curral

Preparación

    • Pomos a quecer a auga nunha pota grande e, cando ferva, engadimos un chisco de sal e a pasta para que ferva ata estar ao dente.
    • Cortamos o guanciale en tacos e dourámolo nunha tixola cun pouco de aceite ata que colla cor.
    • Unha vez que o guanciale estea listo, engadimos a pasta na mesma tixola e salteámolo todo. Deixámolo un par de minutos e colocamos a mestura nun prato fondo.
    • Botamos o queixo parmesano nunha cunca e engadimos 2 ovos enteiros (con clara e xema) e catro xemas. Batémolo todo ben e engadimos a mestura ao prato,

Presentación

Botámoslle unha pouca pementa negra por riba do prato e colocamos a pasta en forma de montaña.