Preparación Cun coitelo afiado, cortaremos o pavo en tacos e picaremos a cenoria, o pemento e o porro. Poremos una paelleira ao lume con aceite de oliva e douraremos primeiro a cenoria, o pemento e o porro e uns minutos despois, o pavo Cando vexamos que colle cor, incorporaremos o arroz e refogaremos todo Engadirémoslle a auga ao caldo (1 vaso e ½ de auga por cada vaso de arroz), a salsa de tomate, un chisco de colorante, os feixóns previamente cortados en anacos e as alcachofas limpas e tamén en anacos Unha vez que comece a ferver, cociñamos a lume lento durante aproximadamente 15-20 minutos Presentación Servir a paella nun prato fondo cuns toros de limón.