background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Ovos rotos con xamón serrano

Presentamos unha receita esencial que lle gusta a todo o mundo.

Preparación

    • O primeiro que faremos será pelar as patacas. Podemos cortalas en rodiñas finas (patacas panadeiras) ou en tiras como as clásicas patacas fritidas. Unha vez cortadas, lavarémolas ben e secarémolas cun papel absorbente para que estean secas á hora de as fritir.
    • Poremos unha tixola no lume con abundante aceite a temperatura alta. Cando estea quente, incorporaremos as patacas baixando o lume e deixando que se fritan arredor de 15 minutos.
    • Unha vez que as patacas estean crocantes, retirarémolas cunha espumadeira e reservarémolas nun prato.
    • Retirando un pouco de aceite, cascaremos os ovos un por un e fritirémolos sen deixar que se cociñen demasiado para que a xema quede líquida.
    • Cando teñamos todos os ovos listos, baixaremos o lume, quitaremos o aceite da tixola e botaremos as patacas primeiro e a seguir os ovos sen que escachen.
    • Como toque final, cortaremos o xamón en anacos e porémolos por riba.

Presentación

Podes presentar os ovos na propia tixola para que manteñan o calor. Agora só che falta cortalos en anacos para que a xema impregne os demais ingredientes e engadir unha pinga de sal a todo.