Preparación Comezamos pondo a quecer a tixola a lume alto para fritir as patacas. Unha vez que as botamos no lume, baixamos un chisco a temperatura. Mentres friten as patacas, collemos 4 ovos de Curral e separamos as claras das xemas. Nunha tixola diferente, callamos as claras empregando unha pouca graxa do xamón Selecta. Unha vez calladas, engadimos as patacas sobre as claras para lle dar outro golpiño de calor co xamón cortado en tiras. Apagamos o lume e, sobre o calor residual, engadimos as xemas, que se irán facendo pouco a pouco durante un par de minutos. Presentación Pódense trasladar os ovos rotos a 3 ou 4 cazolas de barro.