Preparación Pelamos e cortamos as patacas en cubos. Pelamos e cortamos a cebola ou ceboliño en cadradiños Podemos fritir as patacas e a cebola en aceite de xeito tradicional ou, para que quede un prato menos calórico e máis san, podémolas asar no forno ou en air fryer cun simple spray de aceite. TRUCO: o xeito máis san, menos calórico e máis rápido de facer as patacas para os ovos á flamenca é esta que empreguei eu. Unha vez cortadas as patacas e o ceboliño, introducímolos no micro durante 7 minutos nun recipiente axeitado para tal fin. Despois, en moi pouquiño aceite e na mesma tarteira ou tixola que vaias empregar, doura as patacas e as cebolas semicocidas ata que collan unha lixeira cor dourada. Entrementres, tamén no microondas, cocemos ao vapor uns chícharos. Eu tívenos 3 minutos nun recipiente axeitado para os cocer. Reservamos. Na cazola onde vaiamos rematar o prato, colocamos patacas, cebola, chícharos, unhas culleradas de tomate frito e unhas lascas de xamón Selecta. Cando todo estea ben quente e mesturado, engadimos as claras de ovo de Curral que callaremos mentres as incorporamos a todos os ingredientes. Unha vez estean calladas as claras e todo estea ben quente, engadimos as 4 xemas reservadas, retiramos do lume e tapamos. As xemas dos ovos de Curral iranse facendo co calor residual e, finalmente, romperémolas na mesa. Presentación Podemos decorar o prato de ovos á flamenca cunhas lascas máis de xamón Selecta.