background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Ossobuco de tenreira galega guisado

Deliciosa receita de ossobuco de tenreira galega guisado para facer comidas especiais

Preparación

    • O primeiro que se fará será botarlle sal e pementa á carne e engadirlle unha pouca noz moscada.
    • Rebozaranse todas as pezas con fariña e fritiranse na tixola con aceite de oliva virxe extra ata que empecen a se dourar. Unha vez que estean feitas, apartaranse para un prato.
    • Pelarase e picarase a cenoria, a cebola e o allo en anacos pequenos e sofritirase no mesmo aceite da carne.
    • Cando a cebola comece a se pór dourada, engadirase o tomate pelado e unha chisca de romeiro e tomiño e deixarase facer a lume baixo durante 10 minutos.
    • Unha vez que o sofrito estea ao gusto, engadirase a carne, o vaso de viño tinto e o loureiro e subirase un pouco a temperatura para que evapore o alcol.
    • .Como último paso, botarase o caldo da carne e deixarase cocer todo a lume medio durante 45 minutos.

Presentación

Nun prato fondo, porase a carne coa gornición por riba xunto cunhas ramiñas de pirixel. Pódese acompañar cun arroz branco.