Preparación O primeiro que faremos será enfariñar a carne. Nunha cazola co fondo con aceite de oliva, douraremos a carne e, unha vez que estea feita, retirarémola e escoaremos o aceite. Poremos na mesma cazola todas as verduras (previamente ben picadas) co allo e botamos sal ao gusto. Acto seguido engadiremos os tomates picados e incorporaremos de novo a carne co viño e o caldo, engadindo tamén unha cullerada de pemento moído Deixaremos cocer todo durante 45 minutos e incorporaremos as castañas peladas. Esperaremos outros 30 minutos, deixando reducir un pouco a salsa e o noso prato estará listo para servir. Presentación Podemos colocar a nosa receita nunha cazola de barro botándolle un pouco Pirixel por riba. Como acompañante, sirve o prato con arroz cocido.