Preparación (Desalar previamente durante 24 horas) Comezarase cocendo a orella con dúas follas de loureiro. Se tes unha pota a presión con 15-20 minutos chegará, se non, déixaa un chisco máis. Mentres coce, prepararase o sofrito. Para tal efecto, picarase a cebola en xuliana e o allo en lascas e deixarase nunha cazola cun chorro de aceite ata que se empece a dourar a cebola, mais sen apenas coller cor. O seguinte paso, co lume baixo, será engadirlle ao sofrito a cullerada de fariña e de pemento e remexer todo. Unha vez que a orella estea cocida, cortarase en anacos ao gusto e mesturarase na cazola. Botar sal ao gusto e deixar a lume baixo uns 20 minutos. Se lle queres dar un toque picante, pódeslle engadir un chile. Unha vez guisada, retirarase da cazola a un prato e engadirase caldo ao gusto. Presentación Para lle dar un toque tradicional, pódese presentar nunha cazola de barro e decorala coa folla de loureiro restante e botar un chisquiño de caldo por riba.