background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Muffins de ovo de Curral con verduras

Propómosche esta receita de muffins de ovos de Curral con verduras, perfectos para un aperitivo.

Preparación

    • O primeiro que se precisará será un molde de silicona como os que se empregan para facer madalenas. Dependendo dos ocos que teña, haberá que usar máis ou menos ingredientes.
    • Comezarase por preparar as verduras (pementos e cebolas) e cortándoas ao gusto. Nós neste caso cortámolas en taquiños. Tamén se aconsella cortar as follas de espinacas.
    • Porase a prequecer o forno a 180º durante 10 minutos. Entrementres, engraxaranse os ocos do molde de silicona con aceite de oliva virxe extra.
    • Colocaranse as verduras xa lavadas e en anacos en cada un dos ocos do molde.
    • Bateranse os ovos e cando a mestura sexa homoxénea, repartirase por riba das verduras e engadirase un chisco de sal e pementa ao gusto.
    • Engadirase un pouco de mozzarella para lle dar o toque final e, por último, introducirase a bandexa no forno durante 15-20 minutos ata que os muffins de verdura estean crocantes.

Presentación

Sacaranse os muffins con coidado e colocaranse nunha táboa de madeira, botando unha chisca de noz moscada por riba