Preparación O primeiro será cortar o lombo Selecta en medallóns de aproximadamente dous dedos de grosor, botarlles sal e pementa por ambos lados e reservalos. Agora é momento de preparar a salsa de froitos vermellos, para o que se porá unha tixola no lume con media cullerada de manteiga. Unha vez que estea quente, engadiranse os froitos vermellos (previamente lavados) e saltearanse durante un par de minutos. Unha vez que estean salteados, engadirase o zume de laranxa, o azucre, o sal, a pementa negra, o allo machucado, o vinagre de Módena e a cullerada de maicena disolta nun pouco de auga e daráselle voltas a todo ata que espese. Entrementres, nunha tixola prancha cun chorriño de aceite dourarase o lombo a lume non moi alto para que se faga por dentro e non se queime por fóra. Presentación Nun prato chan, colocaranse os medallóns ou os filetes de lombo botándolle o prebe de froitos vermellos por riba. Se se quere, pódese acompañar tamén con algún dos froitos que quedaran enteiros. Pódese incluír unha gornición de puré de patacas.