background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Fettuccine con polo de Curral en salsa Alfredo

Plato completo e sabroso donde os haxa, pasta Alfredo con polo de Curral.

Preparación

    • Nunha tixola, porase a quecer a margarina a lume medio e, cando empece a derreter, engadirase a cebola ata que se doure e, a seguir, o polo (ambos previamente picados). Deixarase cociñar ata que a carne comece a se dourar, aproximadamente 10 minutos.
    • Paralelamente nunha pota, poranse a cocer os fettuccine en auga fervendo e sal. É importante seguir as instrucións de cocción xa que varían en función do tipo de pasta. Recoméndase facela “al dente”.
    • Unha vez que o polo estea feito, engadirase a nata líquida e deixarase cocer todo a lume medio arredor de 10 minutos ata que vaia espesando. Despois botarase sal e pementa ao gusto e engadirase un chisco de noz moscada.
    • Verterase a salsa sobre a pasta e remexerase todo ben ata que o prebe impregne toda a pasta.
    • Por último, botarase queixo parmesano en po por riba para lle dar o último toque.

Presentación

Pódense servir os fettuccine de polo con salsa Alfredo nunha fonte un pouco fonda e decorar cunhas ramas de pirixel.