Preparación Comezaremos preparando o caldo de polo. Para facelo, nunha cazola incorporaremos o aceite e os ósos de polo e deixarémolo uns 15-20 minutos aproximadamente. Paralelamente mentres se prepara o caldo, encheremos o polo co touciño, dourarémolo nunha tixola e reservarémolo. Podemos utilizar esa mesma tixola na que faremos o sofrito das verduras (cebola, cenoria, pemento vermello e champiñóns) previamente cortadas en taquiños pequenos. Unha vez que estea o sofrito feito, engadiremos o caldo e as fabas e deixaremos cocer todo durante unha hora a lume baixo. Para rematar, engadiremos os anacos de polo recheo, os espárragos trigueiros cortados á metade e deixaremos cociñar durante 40 minutos máis, engadindo sal ao gusto. Presentación Podes servilo nun prato fondo con salsa abundante e decorar con ceboliño picado ou algunha outra herba aromática.