Preparación Douramos en abundante aceite a espiñela de porco Selecta. Nunha bandexa alta de forno introducimos a espiñela de porco Selecta, as cebolas, o tomate e os allos picados en dados. Introducimos o resto dos ingredientes e deixamos macerar durante 4 horas. Pomos o forno a prequecer a 180 graos, introducimos a bandexa e deixamos cociñar durante 25 min. Dámoslle a volta, deixámolo outros 25 min e retiramos do forno. Retiramos a espiñela de porco Selecta e mais as herbas e trituramos todo deixando un prebe homoxéneo. Probamos como está de sal e, de ser preciso, rectificamos Fileteamos a espiñela de porco e engadímoslle o prebe, quentamos e lista para servir. Presentación Coloca a espiñela nunha táboa de madeira cunhas herbas arredor e acompáñaa cun puré de pataca.