background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Espetos de solombo de pavo crocantes

O pavo é unha carne lixeira, sa e completa. Nesta proposta dáselle un toque crocante con cereais.

Preparación

    • Comezarase cortando o solombo en tacos cadrados. Sazonaranse cun chisco de sal e cravaranse nos espetos.
    • Bateranse as dúas claras de ovo e pasaranse os espetos polas claras rebozándoas finalmente cos cereais. Hai dúas opcións: empregar os cereais enteiros ou machucalos un pouco previamente.
    • Nunha tixola con aceite de oliva virxe extra quente, colocaranse os espetos ata que estean dourados. Recoméndase non pór o lume moi alto para que non queden crus por dentro e queimados por fóra.
      Se se quere probar novas receitas, tamén se pode rebozar os espetos con quicos ou millos fritidos previamente machucados.
    • Mentres se friten, prepararase unha ensalada cos diferentes tipos de leituga e engadiráselle unhas noces previamente peladas, un pouco de queixo azul, un chorriño de aceite e vinagre ou limón, dependendo do gusto de cada un.

Presentación

Empratarase colocando dous ou tres espetos e unha manchea da ensalada nunha beira.