Preparación O primeiro que faremos será mesturar nunha cunca o limón, o aceite e o pirixel. Cun coitelo ben afiado, cortaremos as peitugas de polo de Curral en dados e deixarémolas macerar xunto á mestura na cunca. Para facer a vinagreta, extraeremos a polpa do aguacate cunha culler, licuarémola cun pouco de vinagre e mesturaremos o resto de ingredientes: allo, aceite de oliva, zume de limón, azucre, sal e pementa. Unha vez que a peituga estea macerada, espetarémola cos dados de piña e pasarémola pola grella arredor dun minuto por cada lado. Presentación Serviremos o espeto sobre un toro groso de tomate e salsearemos coa vinagreta que fixemos previamente.