Preparación Nunha xerra medidora introducimos os allos, o aceite, as especias e o viño e machucamos todo. Bañamos a espiñela de porco no preparado que machucamos e, nunha bandexa de forno alta, deixámola macerar 4 horas aproximadamente. Prebe de castañas: Nunha pota, pomos a manteiga, o allo e a cebola picada fina e deixamos rustrir a mestura. Cando o rustrido estea listo, engadimos as castañas picadas e deixamos que se fagan. Engadímoslle o viño e deixamos que se evapore. Unha vez evaporado, incorporámoslle a nata e, cando ferva, botaremos sal e pementa e machucaremos todo ata que quede homoxéneo. Pomos o forno a prequecer a 180 graos, introducimos a bandexa e deixamos cociñar durante 25 min. Dámoslle a volta, deixámolo outros 25 min e retiramos do forno. O último paso para preparar a espiñela de porco Selecta sería fileteala e incorporarlle o prebe de castañas; quentámola, e lista para servir. Presentación Coloca a espiñela nunha fonte e acompáñaa cunhas patacas panadeira ou ao forno.